RECORTES, CANEOS E OUTRAS FORMAS DE DRIBLAR

14,00

AUTORES: Xosé L. Prieto e Nacho Carretero
PÁXINAS: 84
ISBN: 978-84-126233-0-7

Recortes, caneos e outras formas de driblar recrea un de tantos partidos de fútbol do
século a través do comportamento de xogadores, adestradores, xornalistas,
directivos, árbitros, seareiros e demais personaxes principais, secundarios ou
figurantes que conforman o espectáculo futbolístico.

Logo do éxito de Fariña, o espectáculo teatral, Nacho Carretero volve unir forzas con
Tito Asorey, José L. Prieto e Xosé A. Touriñán neste espectáculo sobre o mundo do
fútbol e todo o que o rodea. Un paseo lúdico, crítico e musical sobre o espectáculo
futbolístico que percorre a súa cara máis radiante sen esquecer a máis sombría.
Interpretado por Xosé A. Touriñán, Manuel Cortés, Christian Escuredo, Xoán
Fórneas, Isabel Garrido e Sergio Zearreta, Recortes, caneos e outras formas de driblar
é unha viaxe emocionante ao interior das paixóns futbolísticas a través do humor e
da música.

 

Categoría: Etiqueta: