A PESTE
13,50€
Inspirada na novela de Albert Camus. Dirección e dramaturxia de Cándido Pazó
Páxinas: 154
ISBN: 978-84-124754-0-1
A peste é unha versión teatral de Cándido Pazó, inspirada na obra de Albert Camus,
coa que reflexionar sobre o comportamento da sociedade e dos individuos durante
situacións de crise.
A historia conta o que sucede na cidade de Orán, a través da narración do doutor
Rieux, durante unha praga de peste. A cidade vese asediada e os seus habitantes
acaban sometidos a unha corentena. A obra céntrase nos avatares dos habitantes
encerrados, en como se enfrontan á praga e lle buscan un sentido á súa situación:
primeiro, nunha loita egoísta pola supervivencia e, despois, a través do esforzo
colectivo e comunitario. Ao longo dun ano, a peste progresa ata que a dan
controlado e desaparece. O pobo celebra con alegría a fin da peste, salvo o doutor
Rieux, que, tras o sacrificio fútil e a perda de seres queridos, só presenta un
optimismo cauteloso, sabendo que a praga pode volver no futuro.