ÁS OITO DA TARDE, CANDO MORREN AS NAIS
14,00€
AUTORÍA DO TEXTO ORIXINAL: AveLina Pérez
DRAMATURXIA: Marta Pazos
PÁXINAS: 72
ISBN: 978-84-126233-1-4
Ás oito da tarde, cando morren as nais é un canto coral sustentado no baleiro, un
xogo irónico sobre a relación entre o teatro e a súa recepción. Aquí, a procura da
identidade individual, amparada na masa superficial e ignorante, que presume de
coñecementos inútiles, amósase indecente. Nun teatro, lugar, supostamente, de
encontro, asistimos ao espectáculo da estupidez. E debaixo de todo o insultante:
nós. Tan pequeniños, tan perigosos…
A acción ten lugar, sobre todo, no patio de butacas. A relación entre a actriz e o
público. A recepción. As expectativas desde o baleiro. O mundo posmoderno.
Os coñecementos inútiles. A soidade. A violencia. E outra vez o baleiro.