ARRINCANDO MARCOS 2023

12,50

Autores: Xulio Pardo de Neyra / Xaquín Núñez / Ana Cea / Suso López / Paula Carballeira
Páxinas: 94
ISBN: 978-84-126995-8-6

“Sabe V. que os galeguistas éramos algo máis que políticos. Respetábamos, como non!, a fronteira que separa os dous Estados peninsulares, pero queríamos alas para voar e comunicarnos con vós, por riba do Miño, por riba dos carabineiros e dos gardiñas.”
Así falou, e falou ben, Castelao nunha Carta a Salazar, en 1937.
Pasaron moitos anos desde que Castelao propuxo sobrevoar por riba das policías todas, mais semella que seguimos parecido. Nós, aquí, queremos, e necesitamos, arrincar polo menos algúns marcos que distancian Galicia de todo Portugal, e facémolo tentando espallar a poesía galega polas terras ao sur do Miño, porque sabemos que a poesía, é dicir, a cultura, é unha das máis eficaces ferramentas para unir persoas.