ARRINCANDO MARCOS 2022

12,50

AUTORÍA: Eduardo Estévez, Marga Tojo, Samuel L. París e Sther F. Carrodeguas
PÁXINAS: 84
ISBN: 978-84-124754-5-6

Nesta terceira edición do ARRINCANDO MARCOS (as anteriores foron en Braga e Porto) a poesía de Eduardo Estévez, Marga Tojo, Samuel L. París e Sther F. Carrodeguas achégase a Vila Real, un dos centros vitais de Trás-os-Montes. E desde esta cidade, concretamente desde a Livraria Traga-Mundos, sairán os poemas desta pequena selección cara ás restantes terras transmontanas, para se espallaren por onde eles poidan e o sacollan.
Sabemos a onde imos, á máis próxima das Gallaecias, onde a súa fala nos é máis comprensíbel. É así que nos estrañan, e anoxan, estas divisións, as incomunicacións organizadas e, lamentablemente, tamén aceptadas, por medio duns marcos seculares afastadores e empobrecerores para ambos lados dos mollóns.
Saltamos esas fronteiras e as súas alfándegas, e facémolo con catro poetas ben representativos da pluralidade creativa na poesía galega.

Categoría: Etiqueta: