AGASALLO DE SOMBRAS
10,00€
Autor: Roberto Vidal Bolaño
Páxinas: 58
ISBN: 978-84-126233-3-8
“… A obsesión de todo aquel mundo que rodeaba a Rosalía de facela á medida e comenencia deles mesmos séguese a dar hoxe e aquí no terreo da cultura.
Por razóns diferentes, todos pretendían obrigala a que fose dunha maneira determinada: a súa nai para que non manchase máis a familia; Murguía porque necesitaba a existencia dunha poesía importante en lingua galega que completase a súa teoría de Galicia como rexión…
Cultura é o que eu penso e non aquilo que fai o que a dirixe.
Neste senso, non coido que este espectáculo teña nada de arqueolóxico. Por outra parte, o mito de Rosalía é algo que se segue alimentando con verdades a medias, e falar hoxe daquel tempo con aportacións que non pretenden ser científicas, senón que se asumen dende o plano tremendamente libre da creación, é, como se dixéramos, que os feitos pasados se poden ver con máis criterios que os meramente historicistas, sobre todo cando estes construíron esa realidade, pasada, á súa maneira …”
(Roberto Vidal Bolaño)
“… Foron poucos os que entenderon que Vidal Bolaño non se comprace no relato do mito, na súa posta en escena. Impórtalle o pasado, as raigañas mesmas nas que se aenta o noso presente e se fundamenta o noso futuro. Pero dende unha perspectiva nova, reflexiva e crítica, que nos permita descubrir a verdade auténtica no seu senso máis secreto” …
(Manuel Quintáns Suárez)