ASULAGADAS

15,00

AUTOR:Suso Díaz
PÁXINAS: 214
ISBN: 978-84-124754-7-0

Iste libro … é unha homenaxe a aquil pobo
que loitou denodadamente por unha terra
e por uns dereitos que o levaran ata o
mesmo desterro. E niste libro, Suso, tráenos
á lembranza, e retrátanos de maneira
maxistral, os lugares de Aceredo, O Vao,
Buscalque, A Reloeira…; a igrexa transhumante,
que naceu en Manín; a Escusalla
dos fantasmas; aquiles baluartes de pedra
que facían historia, como calzadas, pontes,
muíños, fornos ou canastros; a Seda dos
Reis, que outrora marcara fronteira; non
escatima unha lembranza ós maiores, porque
“Ninguén abandona a casa con 70
anos…”; nin a certos personaxes míticos
que deixaran pegada, como Luís Soto, o
barqueiro, que sería o primeiro mestre de
Buscalque; …
Coa súa fina sensibilidade, e nun arrouto
máxico, o Suso, brindounos un traballo
dunha erudición suprema, cuxo resultado
non deixa insensible a ninguén, porque:
Os anos pasan,
As feridas curan.
Mais, as cicatrices,
¡Ai, as cicatrices!
Esas por sempre perduran.
(do LIMIAR, de Manuel Lamela Bautista)

Categoría: Etiqueta: