VIII TORNEO DE DRAMATURXIA DE GALICIA
8,00€
Borja Fernández, Cris Balboa, Gustavo del Río, Teresa González Costa
Paxinas: 70
ISBN: 978-84-128407-1-1
O Torneo de Dramaturxia de Galicia consolídase como unha aposta firme da MITCFC (Cangas do Morrazo) para dar a coñcer a nosa dramaturxia, creando un nexo directo entre as autoras e os autores co publico. Unha mestra de cerimonias única presenta este furioso combate no que catro recoñecidas dramaturGAS e dramaturGOS de Galicia se baten na procura do voto do público. As armas a usar? Retruques da palabra, ideas, ritmos, conflitos, sorpresas, accións, silencios. O público asiste a lecturas dramatizadas interpretadas por actrices e actores profesionais de recoñecido prestixio, sendo o propio público quen valora os textos para que, de entre as pezas participantes, resulte unha a gañadora. Un espectáculo teatral, divertido e único avivado pola participación activa das persoas asistentes.