VIAXE INCERTA A L.A

15,00

AUTORES: Xaquín Núñez / Ana Cea

Páxinas: 88

ISBN: 978-84-126995-3-1

 


EL: As historias non son nada sen unha mirada, sen un lector que queira crelas e voar con elas. Ese instante, ese acto, ese episodio fugaz, insubstancial, que pode mudar unha vida… Como dixo no seu último libro, todas as novelas revolucionarias, Tristam Shandy, o Ulises, o Quijote ou Moby Dick, despois de centos e centos de páxinas, poden resumirse en tres liñas.
ELA: Quen? Quen o dixo?
EL: Non sei, non me lembro. Tanto ten. Toda narrativa debe aspirar á redución máxima ata chegar á miniatura lírica que a orixina. A traxedia dunha transformación, o instante dunha decepción, a contundencia dun rostro. A forza dun poema, dunha imaxe. Iso é, ler imaxes.

(Prólogo)

Xaquín Núñez  (TEXTOS)
De Zacande (Meis).
Compostelán de vocación, desde que chegou aló polos oitenta.
A infancia repartiuna entre o Salnés e acasa-escola de Urdilde.
Antes de asentar como profesor de literatura na Universidade do Minho, ensinou en Varsovia e Belo Horizonte, onde vencellou a súa biografía ao Bairro Novo Amazonas. Coa punta dun lapis, afía verbos e adxectivos nas historias que oe, le e imaxina.

Ana Cea (FOTOGRAFÍAS)
De Los Ángeles (Melide).
Pero tamén de Curtis, Laxe, Arzúa e Santiago, segundo detallan os boletíns escolares. Cruzou a raia cara ao Porto, con estación intermedia no Funchal. Doutorouse en Santiago sobre como ensinar as linguas da mellor maneira.
E, en Braga, aplícase ao cometido como profesora universitaria.
Cunha cámara de fotos ás costas retrata a alma das paisaxes que habitan nas persoas