VERSOS ESCOLLIDOS
18,00€
AUTORA: Wislawa Szymborska
PÁXINAS: 346
ISBN: 978-84-921162-8-7
Wislawa Szymborska, nos seus versos, partindo tanto dun mínimo incidente cotián como dun feito tráxico, capta os máis sutís conflitos da alma. O paso do tempo, a beleza, o amor, o odio, a dor, a morte, os soños, os pequenos detalles, a humandade… aparecen mediante unha escritura enxeñosa, intimista e sinxela en aparencia.
No seu discurso de recepción do Nobel -ou «a catástrofe», como ela o define- repetiu dúas palabras: «Non sei». A poeta considera a curiosidade un sentimento fundamental que a leva a facerse preguntas a si mesma. A súa poesía xorde desa curiosidade e do asombro fronte á diversidade das cousas do mundo.
Szymborska enfróntase aos trmpos contemporáneos acompañada por unha manifesta preocupación ética, unha visión un pouco pesimista mais entusiasta, con sentido do humor, con modestia e cunha ollada individual que se fai universal.