Vento mareiro non dá voltas (VII Premio LAUDAMUCO)

10,00

Autores: Julio Fernández Peláez / Alberto de Casso Basterrechea
Páxinas: 48

ISBN: 979-13-990398-0-1

Vento mareiro non dá voltas estende a súa trama no seo dunha familia de clase acomodada onde o detonante é a talla dunha acacia de Contantinopla. Co ecoloxismo, o fascismo e a migración latexando no fondo, a obra configura unha metáfora social que desvela a incapacidade para reaccionar fronte á ausencia de sensibilidade.

«O xurado destacou na obra a súa estrutura dramatúrxica que, con só dous personaxes, a través de entretecidos monólogos e fluídos diálogos, nos introduce de forma sutil nun contextro de convivencia vecilal cotiá para levarnos aos grandes temas da actualidade como a ecoloxía ou o racismo.
Por outra parte, a escrita da peza está realizada cun nivel de polisemia que admite unha gran posibilidade de lecturas escénicas para as persoas que aborden a súa dirección, así como retos interpretativos interesantes debido á importancia que nela cobran as relacións humanas e o seu impacto no desenvolvemento persoal e profesional».
(Extracto da acta do xurado do VII Premioi LAUDAMUCIO)

Categorías: ,