UN HOTEL DE PRIMEIRA SOBRE O RÍO

13,00

Autora: Xohana Torres
Dramaturxia: Gonçalo Guerreiro e María Torres
Páxinas: 56

ISBN: 978-84-126995-2-4

A especulación urbanística, a depredación do medio rural ou o desarraigamento son algúns dos temas arredor dos que xira Un hotel de primeira sobre o río, que desprega en tres actos a historia de Ruth, que vive e traballa nun val afectado por un proxecto urbanístico para construír un hotel cunha área recreativa.
O espectáculo narra a presión exercida sobre a protagonista para que renuncie ás súas terras, á súa casa e ás súas raíces, evocando de xeito onírico e simbólico a dualidade entre a realidade e as fantasías da súa imaxinación.
Un hotel de primeira sobre o río é o resultado do diálogo do texto orixinal co teatro do momento, a danza, a música e as artes visuais. Cunha coidada composición estética e unha rigorosa investigación sobre xestos e imaxes, a peza convídanos a abordar diferentes xeitos de vivir no ámbito rural e a cuestionar a xestión dos recursos naturais.