SMOKE ON THE WATER (+ O MEL NON CADUCA)

8,00

 

AUTOR:Santiago Cortegoso
PÁXINAS: 126
ISBN: 978-84-124258-6-4

 

 

Ritchie (Blackmore) vive ancorado no rock and roll dos
70, ten unha tenda de discos e vinilos de colección. Janis
(Joplin) xa hai anos que non canta, estuda filosofía na universidade.
A súa unión sobrevive despois de case 25 anos
de crise matrimonial permanente, formando un círculo vicioso
enfermizo, un sistema de relacións de dependencia
imposible de desenlear. Este «status quo» absurdo, en continua
combustión, vese ameazado pola aparición de Álex,
un gigoló de ideoloxía vandálica e transgresora que se namora
perdidamente de Janis, ao tempo que establece unha
fonda amizade con Ritchie.
A intervención de Joan Baez, empregada de banca que
xestiona a hipoteca de Ritchie, clienta de Álex, propicia un
final pateticamente feliz ao enredeo amoroso-financieiro
entre este grupo de seres humanos fracasados, torpes, perdedores,
frustrados, desgastados e maltratados pola vida,
que provocan tenrura e compaixón.

 

Categorías: , Etiqueta: