PIRATAS DA LIBERDADE

17,00

AUTOR: Xavier Montanyà
Páxinas: 212
ISBN: 978-84-120184-1-7

PIRATAS DA LIBERDADE é a historia dun secuestro que fixo tremer as ditaduras española e portuguesa.

Entre o 21 de xaneiro e o 3 de febreiro de 1961 o transatlántico portugués Santa María foi secuestrado, e convertido en Santa Liberdade, para lembrarlle ao mundo que aínda había en Europa dúas ditaduras fascistas, a española de Franco e a portuguesa de Salazar; e tentar chegar ás colonias africanas para crear focos armados de loita pola independencia, que despois puidesen liberar as metrópoles, España e Portugal, dos seus réximes autoritarios. Conseguiron, principalmente, o primeiro propósito. Pero tamén animaron, e mesmo incitaron, a loita en diversos países. O secuestro do Santa María tivo unha influencia mundial non estudada até agora, e sorprendentemente descoñecida.

É Piratas da liberdade unha homenaxe aos revolucionarios republicanos que loitaron
contra o réxime franquista, destacando o papel fundamental de galegos como o poeta, mestre e revolucionario Xosé Velo, verdadeiro ideólogo de todo o proxecto, o militar republicano Jorge de Sotomayor, ou o portugués Henrique Galvão.

Categoría: Etiquetas: , ,