PARTIDA SALVADA (Accésit SELIC_2020)

12,00

AUTOR: Fernando Epelde
PÁXINAS: 88
ISBN: 978-84-124258-0-2
Coedición coa CONCELLARÍA DE ACCIÓN CULTURAL (Concello de Santiago)

 

Na linguaxe dos gamers, a mecánica da Partida Salvada permite conxelar o curso dunha longa sesión durante un tempo indeterminado ata que o xogador poda volver a retomar o mando.

 

No ano 2028 -un futuro tan próximo que podería ser hoxe mesmo- a lingüista Julia traballa contra reloxo para documentar os últimos vestixios dunha linguaxe en vías de extinción que resiste, aínda, na fráxil memoria dunha anciá afectada de Alzheimer. Trátase do idioma galego.

 

Corenta e dous anos antes (1986), en Santiago de Compostela, o programador de videoxogos Paco e o seu inseparable compañeiro: o debuxante Miguelanxo, viven coa máxima intensidade a denominada Época Dourada do Videoxogo Español, traballando para a compañía Ópera Soft, pioneira no sector durante os anos nos que España marcou a tendencia internacional neste campo.

 

Ambas historias rematarán unidas no tempo e no espazo pola presenza dun raparigo mudo (e sen lingua, fisicamente falando) que se presentará de súpeto na casa do programador, desatando un enigma que ambos terán que resolver e que os conducirá a través dunha historia que nos fala do valor da linguaxe, da súa capacidade transformadora e da enorme perda de realidades que acontece cando un idioma morre

 

Unha fábula situada en ambientes totalmente reais pero que resultan case incribles, como La Ciudad de los Muchachos onde sucede parte da trama.

 

Categoría: