OS FILLOS DO VENTO

10,00

PÁXINAS: 180

ISBN: 978-84-87783-75-9

Os fillos do vento é unha antoloxía de contos tradicionais xitanos. Esta escolla só tenta mostrar o talento como contadores que ten o pobo xitano, e a súa intensa e variada literatura oral, espallada polas máis diversas culturas e por múltiples territorios.

Hai certos contos que se poderían incluír no patrimonio oral de moitos outros pobos, sendo o exemplo máis claro O barqueiro xitano. Porque hai un fondo común de moitas narrativas e porque o pobo xitano sempre libou en todas as culturas.

A escolma desta edición ten como protagonista case sempre ao pobo xitano, e a súa historia, a perfección e a superioridade da raza, a intolerancia da que son vítimas, as profesións, a música, a antipatía polo traballo e o aprezo pola liberdade ou o antimilitarismo, a hospitalidade…

Categoría: Etiqueta: