ONDE AS RÚAS NON TEÑEN NOME (1ª reimpresión)

18,00

AUTOR. Xurxo Ayán
Páxinas: 264
ISBN: 978-84-122421-6-4

… Nas páxinas que seguen non procuro aproveitarme das fírgoas
do sistema, de adentrarme no mundo dos –ismos e das modas do
mercado. Non precuro ser unha versión local, un epígono dos
mundos persoais e irrepetibles de Xuan Bello ou Ryszard Kapuscinski.
Tampouco vou defender identidades asoballadas, sexan
do Primeiro ou do Terceiro Mundo. Non son un médico sen fronteiras,
nin son un misioneiro.
Vou falar de homes e mulleres, do presente e do pasado. Como
dicía un coñecido David Lowenthal o pasado é un país estrano,
habitado, habitado por xente que xa non está, pero que un pode
lembrar ou mesmo inventar. A idea de que a Historia é a mestra
da vida é unha estupidez, clásica iso si. Non creo no seu poder
para fornecer leccións morais, nin que sexa unha simple narrativa
de lecer, unha retórica baleira. Non.
Vou falar, na miña lingua materna, de oralidade, de memoria, de
identidade, de trauma, de emigración, de guerra. Quizabes seguiremos
sen saber como nos chamamos. Pero alomenos poderemos
comezar a coñecer ao Outro e, de paso, coñecérmonos a nós
mesmos. Coñecérmonos a Nós-outros.
(de UN LIMIAR DE HAI TRECE ANOS)

Categorías: , Etiqueta: