O MAR DOS PAPEIS
8,00€
AUTOR:Fecerico A. Rioboo
Páxinas: 48
ISBN: 978-84-126995-1-7
O actor coruñés, José Losada, é o mecenas desta obra. Despois de gañar unha axuda para a creación artística do Concello da Coruña decidiu contar comigo para escribir un texto sobre a súa adolescencia. A proposta inicial versaba sobre os encontros furtivos, cruissing, na Coruña dos anos noventa no parque dos Cantóns. Escoitei o que Xosé me contaba, graveino, tomei notas e deste contarse encontrei que os relatos da súa familia resoaban con máis forza.
Cada vez que quedabamos para traballar en El sitio ese (tenda de ilustración) outra historia tomaba forma, polo menos para min. A historia da súa nai arxentina, do seu pai en alto mar, da portaría, do seu irmán militar, e do concepto de virilidade da súa xeración. A obra plantexa as súas propias preguntas, por exemplo: quen é máis home, o que queda a coidar da familia ou quen marcha loitar por un país que non está en guerra? Pais e país, aí está a cuestión, nunha tilde. Para escribir, tomei licencias e imaxinei o que quixen, esaxerei bastante e incluso me documentei con mariñeiros.
As obras teatrais sempre derivan en temáticas, aínda que ao inicio este non debe ser o obxetivo. Deben iniciar coa relación entre os personaxes, e esta relación sempre se deriva da que temos cos nosos pais e a súa visión do mundo.