O DÍA QUE MORREU DAVID BOWIE
15,00€
AUTOR: Sebastià Portell
Páxinas: 188
ISBN: 978-84-125562-1-6
O día que morreu David Bowie arrinca nunha sala de
espera dun centro médico de Barcelona, a onde o
mozo protagonista acudiu para saber se certa
enfermidade venérea lle circula polo corpo.
O mozo, mentres agarda, aproveita para facer
unha particular ITV de corpo e alma.
Reflexiona sobre a cidade na que vive, á que
chegou hai oito anos, e sobre as oportunidades
que lle atribúen; lembra o soño de súa nai de que
o fillo fose tal e como a ela lle gustaría; recorda as
súas ganas de comer o mundo, as relacións laborais
inestables e a precariedade; opina sobre as
súas mesmas paixóns, que considera ás veces
inconscientes e temerarias; cuestiona a súa
identidade de xénero e sexual; menciona a falta
de referentes ou a ausencia do pai; e narra a súa
vida desordenada e promiscua utilizando tamén
diversas formas literarias aparentemente
desordenadas. Pero nada é casual nesta novela ben
compacta.