NEORRETRANCA E POSTMORRIÑA

9,50

Descripción

Neorretranca e posmorriña (Fantasía nº 5 en sol ou non e Boisaca ou a divina desgraza) dá corpo a unha nova produción propia do CDG, o primeiro froito directo do labor desenvolvido dentro do proxecto «DramatUrxente» de apoio á dramaturxia galega contemporánea iniciado polo Centro en 2015, que pon en escena dúas das obras que se escribiron no grupo de traballo de dramaturgas e dramaturgos coordinado polo autor, actor e director Manuel Lorenzo, DramaturXa.
Neorretranca e posmorriña, dúas pezas sobre un mesmo sentir, caras diversas sobre unha mesma inquedanza: a identidade galega como concepto inaprensible, como acción non rematada, como busca incesante. A cultura, a lingua, a escrita, hábitos e prácticas sociais, tradicións e mitos propios. Memoria compartida inzada de símbolos que ás veces non recoñecemos como nosos, que interpelan a imaxinación dunha comunidade non sempre en sintonía.