NADA SE SABE

15,00

Dirección de dramaturxia: Ignacio García / Fran Rei
sobre texto orixinal de Manuel Lourenzo
Páxinas: 100

ISBN: 978-84-128407-3-5

Nada se sabe é un diálogo a tres bandas entre a discapacidade, o mito de Filoctetes e o público sobre a idea da diferenza, da persoa discriminada e a inclusión. Manuel Lourenzo bríndanos A taberna de Clitia, unha lectura contemporánea do clásico de Sófocles, que adquire neste contexto unha dobre lectura simbólica: dunha parte, a crueldade dunha sociedade que abandona a quen non pode seguir o seu camiño nin ser útil e, doutra, a fermosa metáfora da necesidade que temos, como sociedade, de contar con todos e todas para ganar as nosas batallas.

Categorías: ,