NACIONALISMO E ANARQUISMO NA GALIZA (1840-1940)
15,00€
AUTORES: Dionísio Pereira e Eliseo Fernández
PÁXINAS: 142
ISBN: 978-84-121415-3-5
… O devalar de entre os dous séculos pasados viu na Galiza o medre
e consolidación de movementos como o agrarismo, o sindicalismo
e o nacionalismo, nun contexto transnacional de combates anticoloniais
e loita de clases. Mentres os contactos entre o movemento
libertario e o nacionalismo independentista foron notorios en países
tan ligados a Galiza como Cuba, na nosa terra as devanditas relacións
foron moi febles. Malia todo, ao longo do tempo existiu
unha notable mellora das relacións e comprensión mutua, o que facilitou
certa converxencia de ambas correntes na intervención social.
O feito de que os golpes militares de 1923 e 1936 estivesen
dirixidos, quer a rematar coa guerra colonial de África, quer a conxurar
a ameaza ascendente do separatismo e da revolución social,
amosa tamén que aqueles dous proxectos diferentes tiñan ao cabo
tanto inimigos comúns, como espazos compartidos. Un percorrido
polos encontros e desencontros entre nacionalismo e anarquismo
no período considerado, permítenos albiscar tamén as distintas sensibilidades
que convivían nun e noutro movemento.
…
Cómpre ter en conta, ademais, que o asentamento do nacionalismo
e do anarquismo na Galiza tivo como punto de partida
uns presupostos ideolóxicos puramente teóricos, alleos ao país
para os libertarios, ou debedores dunha visión etnográfica e tradicional
para a maioría dos galeguistas; como consecuencia, en
ausencia de prácticas a contrastar, houbo unha rixidez doutrinal
que dificultou o diálogo entre dúas culturas políticas que,
por demais, tiñan aniñado en diferentes clases sociais.
…
(da INTRODUCIÓN)