NA MIÑA ALMA OUVEA UN LOBO (I Premio LAUDAMUCO)

10,00

AUTOR: Xavier Lama
PÄXINAS: 78
ISBN: 978-84-120184-2-4

“O xurado valorou a capacidade do autor para explorar, con notable
eficacia dramática e a través de sucesos e personaxes tomados da
realidade, zonas escuras de funcionamento dos estados modernos, sen
impoñerlle ao lector puntos de vista únicos. Así mesmo, o xurado
considerou moi positivamente as potencialidades escénicas que se
derivan dun texto estruturado en cadros ou escenas breves que favorecen
un ritmo áxil á vez que contundente”.
(TEXTO DA ACTA DO XURADO)

Esta é unha obra de ficción conectada cunha casuística real que ten a súa
orixe na Gran Bretaña. En 2011, a través do xornal The Guardian, comezan
a agromar os primeiros datos, aínda cativos, e nos anos seguintes, ata
2015, irán xurdindo novos casos: uns oitenta policías realizaran labores
de espionaxe utilizando a identidade doutros tantos nenos mortos.
Resúmeo así un dos personaxes desta obra: “Actuaron con esa nova personalidade
entre 1969 e 1994, ata cinco anos despois da caída do muro de
Berlín. Infiltráronse nos movementos ecoloxista, antinuclear e antisistema.
Polo menos corenta deses policías mantiveron relacións duradeiras, de carácter
íntimo, con mulleres activistas que non tiñan nin idea de que se deitaran
durante anos con axentes secretos”.
De varias desas parellas naceron fillos. Algún axente chegou a ter relacións
de duración moi variable con ata catro mulleres pertencentes a
eses movementos. Esta obra conta a historia dun policía con dobre personalidade
e dunha desas mulleres que viviron un amor falso. A historia
presenta algúns aspectos que sucederon efectivamente nas relacións
de parella e no ámbito dos feitos (as queimas de fábricas de peles ou as
protestas antinucleares), pero é deliberadamente ficcional.
(NOTA DO AUTOR)

Categoría: Etiqueta: