MANUELA REY IS IN DA HOUSE

15,00

15,00€

Dirección de escena de dramaturxia: Fran Núñez
Páxinas: 176

ISBN: 978-84-128055-3-6

Manuela Rey naceu en Mondoñedo no ano 1842. Sabemos que sendo nena acabou
—non se sabe como— nunha compañía dramática itinerante e representou en
León, Palencia, Bragança, Valença, Viana e Porto. Sendo moza, chegou a Lisboa e
converteuse na primeira actriz do primeiro elenco estable do Teatro Nacional Dona
Maria II. Morre en Lisboa en 1866. O resto é un misterio que se perde no tempo e
nas táboas dos lugares onde representou.
Como pode ser que non coñecese esta muller? Pobre rapaza, vaia vida levou!
Expresións recorrentes cando alguén descobre a figura de Manuela Rey. Este texto
nace da necesidade de dar a coñecer a Manuela e celebrar a súa vida porque é
coma un pequeno tesouro agochado do noso patrimonio. Tivo unha vida breve,
intensa e difícil, pero tamén chea de luz e talento. Talento que deixou nos seus
escritos e luz que irradiaba na escena, segundo as crónicas da época.