MALCRIADA

10,00

AUTORA: Esther F. Carrodeguas
PÁXINAS: 72
ISBN: 978-84-121415-2-8

si
son unha fregona
son papel hixiénico
un robot de cociña
unha aspiradora que traga con todo
son lixivia
un cueiro cheo de merda
iso son
si
son acosada
violentada
graxa pegada
autoestima rebentada
mans agretadas
contracturas
queimaduras
eu son soidade
incomprensión
si
son necesaria
e precaria
superwoman
desprezada
e son sucia
a pesar de ser tan limpa

Categoría: Etiqueta: