LITERATURA GALEGA E PORNOGRAFÍA

15,00

Autor: Xulio Pardo de Neyra

Páxinas: 160

ISBN: 978-84-921162-7-0

 

No presente ensaio, Pardo de Neyra aborda a dimensión e o carácter que a literatura pornográfica presenta nunha literatura como a galega, algo que tampouco se trazara desta perspectiva. Neste traballo, portanto, delimítanse os conceptos de ‘erotismo’ e ‘pornografía’ en chave literaria e efectúase un percurso pola imaxinaría pornográfica literaria da Galiza, recollendo, para iso, todo tipo de probas artísticas en chave plástica. Da Idade Media, unha especialísima época pletórica no que atinxe ao desexo erótico despregado sob o formato do pornográfico, até os nosos días, pasando pola fértil época do vangardismo histórico; todo o que dá contas da entidade e o compromiso literario dunha cultura atenta e abertamente implicada cara ao cántico de calquera tipo de desexo, e moito máis se este vén da man das pulsións humanas máis embaladoras.

Categoría: Etiqueta: