INFLAMABLE

12,00

AUTOR: Samuel L. París
PÁXINAS: 76
ISBN: 978-84-939812-2-8

 

Se alguén vos di algún día que a poesía é aburrida, ofrecédelle este poemario. Se alguén comenta que a poesía é un coñazo, dádelle a ler este libro. Se alguén non é quen de sorrir con estes poemas, deixádeo por imposible. Significa que non se «inflama» con nada, e ningún proveito poderemos tirar del. Así que lembrade este título para posibles emerxencias tácticas: inflamable de Samuel L. París publicado por Edicións Positivas é un conxunto de poemas para ter a man cando precisemos de material combustible. Sarcasmo e ironía dominan a súa poética, mentres a sátira vai liberando versos como quen dá de beber, mergullándonos en política e literatura de xeito irrespectuoso porque de todo se pode un rir.

Metaliteratura e metamúsica -de existir tal palabra- danse a man nas súas páxinas referenciados Otero Pedrayo, Ferrín, Kafk, Rosalía, Reixa ou Celso Emilio no primeiro caso, Fermín Muguruza, Xurxo Souto, Sabina, The Sonics, Elvis, no segundo. Xogo poético, brincadeira, de todo hai nun libro que non deixa indiferente. A propia contracuberta advirte: “a literatura pode debe arder”, co cal teremos calor lector sen dubidalo.

Poesía e música. Espírito punk e o salseiro que ghabea polas abas do Monte Louro, todo misturado pero con xeito. Non o imos negar, gostamos moito de «Inflamable», a nova creación de Samuel L. París. E ti???

Escoitar Inflamable

(Galicia Confidencial)

Categoría: Etiqueta: