FOULAS E RONSEIS

18,00

AUTOR: Dionísio Pereira

PÁXINAS: 356

ISBN: 978-84-87783-85-6

Foulas e Ronseis é unha recompilación dunha chea de artigos e algúns ensaios de temática marítima, escritos entre 1992 e 2005 como resultado dos vencellos establecidos nese período de tempo con pescadores e outras xentes do mar. Son, pois, froito máis dunha paixón que da perspectiva académica, sen deixar de lado as arelas de veracidade e compromiso que de sempre procurei ter. Este «totum revolutum» , ten unha certa orde interna, distribuída en tres grandes temáticas, a saber: a historia colectiva, «os traballos e os días» (alguén podería, quizais, falar de algo semellante á antropoloxía) e o patrimonio marítimo. (…) Deste xeito, e seguindo unha malla de fíos condutores que atesoura os seus encontros e desencontros, quen apeteza poderá navegar seguindo os pasos do poeta Manoel Antonio nos derradeiros veleiros de altura, coñecer as loitas societarias do mar, atender o devalar da carpintería de ribeira, axexar o complexo universo do reparto nas empbarcacións pesqueiras, decatarse da dureza da condición mariñeira ou participar dos soños de quen hoxe procura divulgar e revitalizar a cultura marítima.
(Do LIMIAR)

Categoría: Etiqueta: