ESCRITOS CORSARIOS
10,00€
AUTOR: Pier Paolo Pasolini
TRADUTORA: Silvia Manteiga
ISBN: 9788487783142
Paxinas: 132
Nos Scritti corsari, Pasolini amosa unha face de semiólogo do comportamento humano, de observador dos códigos culturais e, sobre todo, dos valores das culturas tradicionais que se están perdendo pola influencia dos mass-media, que impoñen os alienantes modelos culturais do hedonismo consumista.
Pasolini atribúese o papel de «semiólogo corsario» que tenta describir as novas xeracións que medraron baixo a sociedade de consumo.
Os escritos corsarios deron de Pasolini unha imaxe de eterno combatente contra o universo fatal do consumismo e do pragamatismo neocapitalista, contra a aculturización xerada por un desenvolvemento sen progreso.