DÍAS SEN GLORIA

10,00

AUTOR: Roberto Vidal Bolaño

PÁXINAS: 72

ISBN: 978-84-942739-0-2

 

Está considerada Días sen gloria como unha das obras mestras de Roberto Vidal Bolaño. Trátase dunha historia de tinturas épicas sobre unha viaxe sen retorno, co Camiño de Santiago como fío condutor.

Días sen gloria é uha das obras que mellor resume o universo bolañés, cos seus personaxes e ambientes marxinais, a épica da derrota como temática recurrente e onde se reflicten, asemade, as súas recoñecidas influencias cinematográficas.

De feito, unha parte da crítica detecta aquí unha importante pegada do western e as súas historias de antiheroes, amor e excesos, mentres que outra relaciona o texto coas chamadas road movies, malia estar ambientada cara a finais do século xvi. Esta conexión cinema-tográfica encontrámola igualmente na estrutura fragmentaria e circular da peza, na que tamén podemos atopar a satisfación polo simple feito de contar historias.