DEVÓLVENOS A XERMÁNICO (V Premio LAUDAMUCO)

10,00

Autor: Vicente Piñeiro
Páxinas: 90

ISBN: 978-84-126995-7-9

 

Xermánico, 24 de maio do 15 a.C. – 10 de outubro do 19 d.C., foi un popular e prominente xeneral romano, coñecido polas súas campañas en Xermania. Fillo de Druso o Maior e Antonia a Menor, Xermánico naceu nunha rama influente da patricia gens Claudia.
Este libro trata da súa morte en Daphne, un suburbio de Antioquía, o 10 de outubro do ano 19 d.C, morte que cambiou o curso da historia e foi un día nefasto para o pobo romano que sentía cara a Xermánico un afecto sen límites. Pois unha profunda excitación emocional, que non excepcionalmente dexeneraría en histeria, sacudiu amplas capas da poboación da mesma maneira que sucedeu no verán de mil novecentos noventa e sete en Inglaterra pola morte da Princesa Diana

“O Xurado acorda (…) Abrir o debate entre os textos presentados dos que cabe destacar o seu número e diversidade; logo dun extenso debate acordan por maioría outorgar o V Premio Laudamuco para Textos Teatrais ao texto presentado baixo o título de Devolvenos a Xermánico! pola súa perfección e estrutura dramatúrxica, pola temática histórica con excelencia documental o que dá como resultado unha obra teatral perfecta.”
(Extracto da acta do xurado do V Premio Laudamuco.)