DESOBEDIENCIA CIVIL – VIDA SEN FUNDAMENTOS
10,00€
AUTOR: Henry D. Thoreau
ISBN: 978-84-948266-0-3
Páxinas: 70
Diante da crecente distancia que vai mediando entre os ideais ilustrados e as prácticas políticas da nova republica americana, Thoreau, outro 4 de xullo, este de 1845, á idade de 28 anos, declara a súa independencia e trasládase a unha cabana construída por el mesmo no bosque, á beira da lagoa de Walden, resolto a pór en práctica o seu lema: Simplicity, simplicity, simplicity, lonxe da opinión pública, do goberno, da relixión, da educación, (…) «para encontrarme cara a cara comigo mesmo».
Este é Henry D. Thoreau, individuo que percibiu claramente que o Traballo, o Consumismo e a Prensa son algunhas das manobras de distración de que se vale o Estado para erradicar o feo vicio do pensamento e manter así o home lonxe de si mesmo.
Thoreau tivo tales actitudes e razoou sobre estas cuestións no século XIX, pero os seus pensamentos e accións son sempre comtemporáneos.