COMO AGULLAS FINAS CRAVADAS NO PESCOZO (Premio SELIC_2021)
10,00€
AUTOR: María Caíña
Páxinas: 64
ISBN: 978-84-124754-3-2
Unha autora escribe no seu cuarto de Compostela a que será a súa primeira obra de teatro. Ao mesmo tempo, unha muller que busca desesperadamente un obxecto entra na súa casa, abafada pola présa e pola calor dun setembro longo de máis. Como agullas finas cravadas no pescozo é un diálogo entre dúas historias que se tocan, dúas historias protagonizadas pola culpa, a conciencia, a vinganza, os recordos, as relacións familiares, a frustración, a violencia sutil do pensamento positivo e a violencia non tan sutil dos corpos que tentan liberarse.