CHORENTE (Unha aldea no tempo dos soños)

15,00

AUTOR: X.H. Rivadulla Corcón
Páxinas: 132

ISBN: 978-84-126233-6-9

Unha aldea que cre no soño para construír un mundo mellor, e que os mellores soños son os imposibles. Este é o pensamento dos habitantes de Chorente.
E non é para eles imprescindible facelos realidade, facelo non está mal. O realmente importante é telos, vivir tendo soños. O que pretenden os homes e mulleres de Chorente é que a vida se manifeste coa mesma estrutura que teñen os soños.
Os relatos que conforman este libro naceron hai xa anos, entre 2006 e 2007, como colaboración para o programa da Radio Galega As Quimbambas. Durante 16 anos durmiron case esquecidos nun baúl, nunha memoria dixital e nunha memoria humana. Pero espertaron de súpeto e convertéronse no libro que son, para ser testemuñas de que o tempo mudou case de xeito radical. Mais algo segue sendo inalterable: a certeza de que ou vivimos soñando soños imposibles ou a nosa existencia non terá sentido ningún.
O soño é materia imprescindible da nosa identidade.