CHAMÁDEME LÚBRICA

10,00

AUTOR: Xulio Pardo de Neyra
PÁXINAS: 86
ISBN: 978-84-124754-1-8

Chamádeme lúbrica é un xogo para entrarmos nese terreo fértil á recreación do erótico.
Desde esa súa suposta orixe: un caderno achado nunha sex-shop por un limpador,
ata a indefinición das identidades que o vertebra e que nos leva a pensar que o
devandito caderno foi escrito a un tempo por unha muller e un home ou mesmo por
moitas e moitos que foron deixando nel a pegada das súas vivencias lúbricas.

Neste libro, o poema sabedor da súa imposibilidade para / expresar o que lle excede acha a
maneira de construír novos espazos coa fin de explorar a linguaxe, a que rexe os corpos
e a que renxe os somieres. E, ao xeito das colaxes, esnaquizando o axuntamento en
imaxes ousadas, estes poemas en tres actos, que ás veces son carta e sempre son trece, regálannos un magnífico abano de ficcións amatorias.

 

(Charo Pita, na contracapa)

Categoría: Etiqueta: