CARTA DO GRAN XEFE SEATTLE (PDF libre)

0,00

Carta do Gran Xefe Seattle


 

TRADUTOR: Francisco Macías
PÁXINAS: 7

 

 

Gran xefe Seattle
Naceu por voltas de 1786 en Blake Island, Washington; faleceu o 7 de xuño de 1866, na reserva suquamish de Port Madison, Washington. Era fillo de Schweabe, líder da tribo suquamish. A súa lingua primeira era o lushootseed.
Seattle, cando era novo, tivo unha grande sona e prestixio como líder e guerreiro. Destacaba tamén poloa súa altura, estraña entre a xente da súa tribo; medía 182 cm (6 pés) de altura. Foi un gran orador, e cunha atronadora voz.
O presidente dos Estados Unidos, Franklin Pierce (decimocuarto presidente dos EEUU, un demócrata do norte, aínda que escravisa; un dos peores presidentes USA), envía en 1854 unha oferta á tribo de Seattle, para lles comprar territorios do noroeste dos Estados Unidos que hoxe forman o Estado de Washington. Seattle respondeu coa carta que editamos nesta publicación.
O discurso foi pronunciado en lingua lushootseed, e traducido simultaneamente ao chinoock, lingua franca entre moitos indíxenas norteamericanos no século XIX. Posteriormente, sería traducido ao inglés. O discurso non foi exactamente tal e como se publica en todas as versións, pero cremos que todas manteñen o ton, o espírito. Nós traducimos a primeira versión, a máis próxima no tempo á pronuncia do discurso.
Hoxe Seattle é o nome da cidade máis poboada do estado de Washington, en homenaxe ao autor desta carta.

Categoría: Etiqueta: