BALEIRO (Premio SELIC_2020)

15,00

AUTOR: Gabriel Gómez Estévez
PÁXINAS: 180
ISBN: 978-84-123257-9-9

Coedición coa CONCELLARÍA DE ACCIÓN CULTURAL (Concello de Santiago)

 

Baleiro é unha distopía; ano 2100: cambio climático, suba do nivel do mar, extincións masivas, avellantamento da poboación, descenso radical da demografía. É unha novela política: no cambio de século sitúase a desaparición de España como Estado e a súa transfromación en protectorados; o capitalismo neoliberal morreu e deu paso ao capitalismo autárquico.

Baleiro é un canto de amor crítico a Santiago de Compostela: á que foi, á que é, á que será.
É un relato que conta vida a dun profesor de Historia, divorciado, cunha filla á que case non ve, que analiza a realidade que lle tocou vivir cunha ollada escéptica, cunha vida monótoma que verá saltar polos aires.
Gabriel Gómez Estéves, a través do que relata, limítase a facer preguntas, preguntas que nos facemos todos nós sobre o futuro, tanto a nivel ecolóxico como político; preguntas que se poden resumir nunha soa: para onde vai a raza humana?

Categoría: Etiqueta: