AULAS SEN PAREDES

35,00

Autora: Rosalía Fernández Rial

Páxinas: 478

ISBN: 978-84-942739-6-4

Categoría: Etiqueta:

Descripción

Atopei a definición que mellor se axusta á miña concepción da actividade académica e artística nos
mesmos versos lorquianos: “o teatro é a poesía que se levanta do libro e se fai humana”. Lina sentada,
estudando para un exame de literatura, co seguinte interrogante dentro da cabeza: por que limitarse a
coñecer e crear só desde a mente, dun xeito estático, se somos tamén corpo, voz, acción e movemento?

Desas inquedanzas naceu Aulas sen paredes; un estudo teórico-práctico derivado da Tese Doutoral de Rosalía Fernández Rial sobre o uso da expresión dramática e teatral como ferramentas pedagóxicas para as aulas de linguas. Esta investigación inclúe un Marco Teórico, un programa didáctico práctico desenvolto nun instituto público galego e un documental audiovisual sobre esa experiencia pedagóxica e creativa.

Rosalía Fernández Rial