ABELCEBÚ

10,00

AUTOR: Carlos Negro

PÁXNAS: 308

ISBN: 978-84-87783-49-4

É este Abelcebú un tratado científico de escarnio e maldicir, un escalpelo humorísitico que disecciona as trampas dos poderes oficiais, unha intervención cirúrxica a corazón aberto onde operan a un tempo o bisturí da ironía e a dinamita do sarcasmo.

É o Abelcebú unha enciclopedia dos saberes do Demo, unha lupa grotesca que nos desvela as vergoñas do mundo, e lle dá a volta ás nosas crenzas e prexuízos como calcetíns que se botan ao cesto da roupa suxa.

É o Abelcebú un cuspe de pallaso, un carrusel conceptual onde o escritor fai burla do universo, e de si mesmo, sempre na procura dun sorriso oblicuo, fracturado entre o lirismo e a amargura.

Aberlcebú: un peido diabólico na parte traseira do sistema literarrio.

Categoría: