A TERRA DO ADEUS
23,00€
AUTOR: Jose Yglesias
Páxinas: 222
ISBN: 978-84-122421-4-0
A TERRA DO ADEUS é un libro atípico
sobre a emigración.
O pai do autor foi un dos numerosos
galegos do rural que emprendeu a
aventura americana a principios do
século XX. Procedente dunha aldea ao
norte de Santiago establécese como obreiro
na industria cigarreira de Tampa,
onde casa e ten familia.
Afectado subitamente por unha grave
doenza, decide volver á súa terra natal,
mais non consegue recuperarse e morre
lonxe da súa xove esposa deixando dous
orfos: unha nena e un neno. Moitos anos
despois, en 1965, este último decide
visitar a aldea de seu pai e indagar as
circunstancias daquela morte que a falta
de comunicación entre as dúas beiras do
Atlántico convertera nun enigma familiar.
…
(do LIMIAR)