A GRAN FINAL (Contos e contas do fútbol galego)
20,00€
VV.AA
Edición de Xaquín Núñez
Páxinas: 270
ISBN: 978-84-128407-4-2
A GRAN FINAL pretende pór a rodar a creatividade entre o talento que se exerce coas mans e o que se practica cos pés. A modo de regueifa narrativa organizamos este partido entre os contos inéditos e as contas, que relatan, botan, ou mesmo saldan, quen viviu de primeira man a relación co deporte rei dende a práctica profesional, o xornalismo deportivo ou a cultura. Once contra once, na que ambos equipos saen con todo e ao ataque. Un 3-4-3 sen concesións ao rival.